Abel Caballero: “A subida da recollida do lixo vén obrigada polo incremento da taxa de Sogama”
O alcalde explicou graficamente que en 2023 a cidade pagaba a Sogama 6.100.427 de euros, fronte os 10.241.000 actuais. “É unha subida escalofriante, unha estafa en contra desta cidade”, reivindicou.
“Quero dicirlle a cidade que a subida da recollida do lixo vén obrigada polo incremento da taxa de Sogama, non é para o Concello de Vigo”, comezou Caballero, para explicar as cifras mediante un gráfico. En 2023 a cidade pagaba a Sogama 6.100.427 de euros, fronte os 10.241.000 actuais, “un incremento de 4.140.573 euros, o que supón un 67,9% máis”.
O alcalde reivindicou que “é unha subida escalofriante, unha estafa en contra desta cidade” e reiterou a súa proposta de que a Xunta rectifique de inmediato a suba do canon de Sogama, “se baixan os 4 millóns de subida eu retorno a taxa de lixo do ano pasado. O alcalde concluíu lembrando que “a recollida do lixo en Vigo está moi subvencionada”, con 2,5 millóns que aporta o Concello e rematou cualificando a xestión de Sogama como “ineficaz”.