A Biblioteca Neira Vilas amplía horario de atención
O alcalde deu conta este luns da ampliación en media hora do tempo de apertura da Biblioteca municipal situada na Avenida Martínez Garrido que durante o verán abrirá tamén os luns pola mañá.

O Concello estende o servizo de atención á cidadanía da Biblioteca Municipal Neira Vilas que gaña cada día media hora de apertura, entre as 10 e as 10:30 horas da mañá, xa que ata agora abría as portas á 10h, tal e como avanzou Abel Caballero.
Ademais, no período de verán, desde o 15 de xuño e ata o 15 de setembro, a biblioteca abrirá os luns pola mañá, de 10 a 14 horas. O resto do ano, a instalación permanece pechada ao público os luns pola mañá para poder dedicar ese tempo a traballo interno.
Ademais, o rexedor lembrou que ata o 30 de xuño mantense a ampliación horaria na biblioteca do Auditorio Mar de Vigo (de 9 a 22 horas todos os días) e na biblioteca de Navia, que abre de luns a sábado de 9 a 22 horas.