A Alcaldía acollerá de forma permanente mostras de mulleres artistas
O alcalde avanzou a proposta na inauguración de “Mulleres que pintan”, unha mostra de quince obras de oito artistas viguesas que poderá visitarse na antesala da Alcaldía de Vigo durante un mes.

A exposición é un dos actos incluídos na programación municipal do 8M e, tal e como explicou Caballero, o obxectivo é ocupar a antesala da Alcaldía “con cultura e con mulleres, reivindicando a visibilidade das artistas”, enchendo o espazo con arte.
O alcalde puxo en valor a calidade das quince obras expostas e agradeceu a xenerosidade das oito pintoras que cederon as obras para a mostra, avanzando que este espazo “acollerá de forma permanente unha mostra de mulleres artistas”.
Obras da exposición que pode visitarse en Alcaldía durante un mes:
-DESNUDO, de Elisabeth González Benedicto, 1998
-MARINA, de Manoli Cousillas Blanco, 1999
-MARINA, de Manoli Cousillas Blanco, 2013
-ANTES DE LA TEMPESTAD, de María José Fernández Menéndez, 2017
-TEMPESTAD, de María José Fernández Menéndez, 2024
-DESPUÉS DE LA TEMPESTAD, de María José Fernández Menéndez, 2017
-RETRATO BRUCE SPRINGSTEEN Y CLARENCE CLEMONS, de Ana Mosquera Ucha, 2023
-RETRATO TIGRE ALBINO, de Ana Mosquera Ucha, 2023
-ABSTRACCIÓN COLOR, de María Gloria Campos Melón, 2024
-MARINA, de María Gloria Campos Melón, 2020
-DECONSTRUCCIÓN FACHADA NAVE MASSÓ da colección Industrias Conserveiras, de Nuria Guardiola Medel, 2010
-ESPERANDO, de Berta González Lamas, 2015
-MUJER SIN BURKA, Berta González Lamas, 2020
-LISTA!!!, de Carmela González Ramos, 2024
-LA ESPERA, de Carmela González Ramos, 2024


