Escoitar

Caballero pon en valor, no 50 aniversario da empresa ZF, os recursos conseguidos para a automoción de Vigo cos PERTE

O alcalde e a primeira tenente de alcaldía participaron hoxe na celebración do 50 aniversario de actividade en Vigo da empresa de compoñentes da automoción ZF, instalada no polígono do Caramuxo. Ademais de descubrir a placa conmemoración do medio século de actividade da planta de produción de pezas de recambios e inxección de pezas plásticas en cubertas dos airbags, Abel Caballero encomiou o financiamento conseguida para a automoción cos PERTE aprobados polo Goberno.

mércores, 3 xul 2024

O alcalde trasladou este xoves a súa “fantástica” impresión sobre a empresa fabricante de compoñentes da automoción ZF na celebrac´ión dos 50 anos de existencia en Vigo. “Sodes unha factoría extraordinaria”, recalcou, ao sinalar aos directivos que “sería incrible que todo Vigo e toda Galicia vexa o que somos capaces de facer, porque competimos cos mellores de mundo e gañamos”.

O rexedor compartiu ante os interlocutores da automoción de Vigo que “os PERTE deben estenderse máis”, xa que afirmou que a través destes “temos que conseguir que permanezades na acción”. Lembrou que o seu goberno conseguiu “os 72 millóns para a moi alta tensión”, e apuntou que “habería que pactar o resto do PERTE con Stellantis” conseguindo que o que ésta “expón estea nos PERTE”.

Caballero, tras expresar a súa satisfacción por compartir a conmemoración co presidente da Xunta e “unir esforzos”, lembrou que a automoción é o “corazón de Vigo e move a cidade”.

Orgulloso da existencia en Vigo de empresas como ZF, indicou que “a mellor forma de competir é a productividad e a tecnoloxía para seguir creando valor engadido”. Neste contexto indicou que os baixos custos salariais non son unha boa idea”.

Descargar todas as imaxes