Escoitar

Castrelos acollerá o 17 de xullo o musical Una casa con encanto, tributo á película de Disney

Una casa con encanto. El Músical abrirá este ano a programación infantil de Castrelos cun espectáculo tributo á coñecida película de Disney. A cita será o mércores 17 de xullo ás 20,00 h.

mércores, 3 xul 2024

O mércores 17 de xullo o Auditorio de Castrelos acollerá Una casa con encanto. El musical, un tributo á película “Encanto” de Disney. Un elenco de oito intérpretes dan vida ás personaxes deste teatro musical con oito cancións tributo ao film e outras catro orixinais, compostas expresamente para esta función.

Este espectáculo súmase ao xa anunciado para o 12 de agosto, cando contaremos en Castrelos con Cantajuego. En ambos casos a apertura de portas será ás 19,00 h e ás 20,00h, comezará o concerto.

Descargar todas as imaxes