Escoitar

Ana Gandón entrega o premio de novela Mulleres progresistas

A concelleira da Muller, Ana Gandón, entregoulle o IV Premio de novela Mulleres progresistas á gañadora María Reimóndez pola obra "Caderno de Bitácora".

luns, 24 mar 2003
1048510322Premio1.jpg
Premio
Ana Gandón sobranceou esta iniciativa de Mulleres progresistas e afirmou que, ademais da contía do premio, o seguinte reto importante desta obra é vela publicada. "As mulleres son maioritariamente as lectoras das novelas a pesar de que, comparado coa poesía, o campo da creación literaria ten unha presencia mínima feminina", afirmou a concelleira.

"O xurado valorou na obra a ousadía, a capacidade de innovación ao crear un mundo literario susceptible de moitas lecturas posibles, así como a súa riqueza lingüística e a súa resolución estructural", dixo Xohana Torres. O xurado estivo integrado por: Luz Pozo Garza (poeta e ensaísta, académica numeraria da Real Academia Galega), Xohana Torres (poeta, dramaturga e ensaísta, académica da Real Academia Galega), Dolores Vilavedra (crítica literaria e profesora de literatura galega na Universidade de Santiago), Marta Dacosta (escritora, membro da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega) e María Meixide (catedrática de instituto e presidenta da Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo).

María Reimóndez Meilán, nada en Lugo no 1975, é traductora e pertence ao grupo de investigación da Universidade de Vigo "Feminario Teorías da Diferencia". Foi fundadora da ONG Cooperación e Desenvolvemento na India e é profesora na Universidade de Vigo, na licenciatura de traducción.
1048510322Premio1.jpg
1048510344cartel1.jpg
1048513607Presentacion1.jpg
Descargar todas as imaxes