Escoitar

O alcalde afirma que a industria viguesa ten una "magnífica oportunidade" de pechar contactos con Venezuela

Abel Caballero mantivo hoxe venres un encontro co embaixador en España da República Bolivariana de Venezuela, Julián Rodríguez Díaz, quen pronunciou un relatorio na cidade ante os empresarios vigueses. O alcalde transmitiulle a "capacidade industrial de Vigo" e a "fiabilidade dos nosos empresarios".

venres, 27 nov 2009
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este venres que o sector empresarial e industrial vigués ten unha "magnífica oportunidade" de entablar contactos e relacións comercias con Venezuela, un país cunha demanda de investimento "moi importante no mundo".

Así o asegurou Caballero tras un encontro mantido co embaixador en España da República Bolivariana de Venezuela, Julián Rodríguez Diaz, de visita en Vigo para ofrecer un relatorio no Centro Social Caixanova ante empresarios vigueses.

Segundo indicou, o alcalde transmitiu ao embaixador a "capacidade industrial de Vigo", destacando sectores estratéxicos como o naval, a pesca, a automoción ou a pedra natural, e incidiu na "fiabilidade dos nosos empresarios".