Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 19 de xuño de 2009

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Moneo propón unir o Castro e o Castelo de San Sebastián cunha gran praza mirador

O arquitecto construe unha gran praza á altura da rúa Venezuela que iníciase na falda do monte e remata no Castelo de San Sebastián, como un gran mirador á Ría. Nun lateral ubicaríase un novo edificio municipal que substituiría ao actual, e na parte baixa un aparcadoiro e espazo comercial. Un proxecto "asumible" para Moneo que "levarase adiante se a cidade o decide", afirmou o alcalde.




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o arquitecto Rafael Moneo presentaron este venres o proxecto do premio Pritzker para o entorno da Praza do Rei, que propón crear unha gran praza á altura das rúas Venezuela e Camelias que conecte o monte do Castro co Castelo de San Sebastián, configurado como un gran mirador á Ría de Vigo.

O arquitecto eleva na súa proposta uns seis metros a cota actual da Praza do Rei, para situala á altura do cruce do Castro -onde contempla unha rotonda con saídas a Venezuela, Camelias, Paseo de Granada e a subida ao monte- e unila ao Castelo. A rúa Cachamuiña, atravesaría a praza por un túnel.

A gran praza verde contaría en superficie co mirador de San Sebastián e co novo edificio consistorial -que substituiría ao actual- no lateral máis próximo á Panificadora, casi en contacto coa rúa Camelias. O novo Concello tería unha distribución horizontal e non vertical como o actual, unhas "fendiduras" que permitiría observar o mar desde a praza e unha zona protexida por unha marquesiña de vidro no acceso principal creando unha área descuberta, segundo explicou Moneo.

A praza estaría conectada co final do Paseo de Granada cunhas escaleiras mecánicas, e baixo a mesma tería cabida un aparcadoiro de 1.330 prazas -polas 430 do actual-, e o solo do mesmo estaría lixeramente inclinado, indicou o arquitecto, o que evitaría as rampas de acceso.

Rafael Moneo presentou o seu "guión", como él mesmo o definíu, ante unha representación viguesa do urbanismo e a arquitectura; e o aborda como "a posibilidade de volver a entender canto a cidade depende da súa xeografía" polo que propón recuperar a presenza da natureza na súa relación co entorno.

Praza inferior
Nas proximidades á Panificadora, xunto a rúa Cachamuiña, Moneo propón a construcción dunha praza inferior -o "contrapunto" á superior, indicou- que daría aos baixos da casa consistorial e que sería de usos terciarios e comerciais, cunha superficie axustada ao previsto no Plan Xeral.

A parcela da Panificadora pasaría dos 12.500 actuais a unha superficie de 23.500 metros cadrados, e a devandita praza daría acceso ao Concello e a unha área comercial nos baixos do edificio.

"Asumible"
Tanto o alcalde -quen ensalzou o proxecto para a cidade- como Rafael Moneo consideraron o proxecto como "asumible". O arquitecto estimou que "non son dimensións tan esaxeradas como para non podelas abordar", pois o aparcadoido "autofinanciaríase" e a zona comercial axudaría no custo.

Abel Caballero, pola súa banda, afirmou que "é un proxecto asumible", pero restoulle importancia ao debate da financiación agora, priorizando o debate cidadá sobre a proposta de Moneo. Moneo afirmou que precísase o "quorum da maior parte da cidadanía" e o alcalde coincidiu indicando que "levarase adiante se a cidade o decide" pois "ten que ser un proxecto de todos". Abel Caballero avanzou que unha vez recabadas as opinións da cidade plantearase unha folla de ruta a seguir para a proposta de Rafael Moneo.
Mais noticias
Cohen, Baute e Marta Sánchez, Keane, Ainhoa Arteta, Los Secretos e Melendi estarán na programación das festas
Eudosio Álvarez di que por primeira vez a cidadanía poderá coñecer os restos da muralla nunha recreación virtual
500 músicos participan o domingo en Vigo nun encontro con motivo do Día Internacional da Música
A Escola Municipal de Música da Coruña no Imaxina na Rúa o sábado 20 de xuño
Oli, o cabaliño de mar, percorrerá a cidade como mascota do Mundial de Hóckey a Patíns
Xabier Alonso anima a participar na XXVI Carreira Nocturna de San Xoán o vindeiro 23 de xuño
Tamara Prieto gañou o premio "Inter rail 2009", no que participaron máis de 600 mozos e mozas
Dezaseis entidades transfronteirizas de España e Portugal terán unha soia voz diante das autoridades dos dous países e da Unión Europea
Xunta de Goberno Local
Selección Persoal
Exposición pùblica diversos padróns
Peche ao tráfico da rotonda de acceso á rúa Teófilo Llorente
Obradoiros de Verán 09 do Centro de Artesanía Tradicional
Bando
Normas para as fogueiras da Noite de San Xoán


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003