martes, 27 maio 2025

Caballero: “Hoxe hai 18 anos que Vigo me deu a súa confianza como alcalde. Grazas”

martes, 27 mai 2025

Abel Caballero lembrou o resultado das eleccións municipais do ano 2007 que o converteron no alcalde de Vigo. “A partir de aí cada catro anos a cidade renovou a súa confianza en min e no equipo de goberno que eu encabezo”. Caballero agradeceu o voto democrático da cidadanía, que permitiu desenvolver conxuntamente a cidade: “Pasamos dun Vigo gris e escuro a outro cheo de color, actuacións, actividades, humanizacións, zonas deportivas, presencia e recoñecemento no mundo, ao nivel de Madrid e Barcelona”.

A Casa Galega da Cultura acolle a exposición de Mar Ramón Soriano

martes, 27 mai 2025

A obra da artista poderase visitar ata o 10 de agosto na Casa Galega da Cultura. O concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, puxo de manifesto na presentación o valor destas creacións para a cidadanía e o valor que xenera para a rede de museos municipais. "Facemos unha forte aposta polos artistas mozos e mozas e que expoñan nun lugar con tanta historia como é a Casa Galega da Cultura no centro de Vigo", afirmou. A exposición de Ramón Soriano reúne obras anteriores e novas creacións específicas para este proxecto, explorando a relación entre o visible e o oculto, o superfluo e o indispensable. Tamén aborda o tempo na contemporaneidade, cuestionando como a eficiencia tecnolóxica impresiona a nosa forma de habitar e percorrer as nosas cotiandades.