O Mar de Vigo acollerá o musical “El Fantasma de la Ópera” do 19 ao 22 de xuño
Abel Caballero participou este martes na presentación, acompañado por dous dos actores protagonistas, Laura Enrech e Guido Balzaretti, e a booking manager da produtora LETSGO, Ángela Gudino. O rexedor vigués sinalou que se trata dunha obra “única e irrepetible".

A sala polivalente do Auditorio Mar de Vigo acolleu esta mañá a presentación do exitoso musical de Andrew Lloyd Webber, que aterra por primeira vez en Galicia. Vigo será unha das primeiras cidades en formar parte da primeira xira española, que tras despedirse de Madrid despois de dúas tempadas e 300.000 espectadores, inicia un percorrido sen precedentes en máis de 20 cidades do Estado.
Como explicaron na presentación da matinal de hoxe, na que participou o rexedor, acompañado por Laura Enrech, Guido Balzaretti (dous dos actores protagonistas) e Ángela Gudino (booking manager da produtora LETSGO), en Vigo contará con seis funcións repartidas entre o 19 e o 22 de xuño, para as que todavía quedan localidades a venda. Abel Caballero resaltou que se trata dunha obra “única e irrepetible".
Este lendario musical, conquistou os principais escenarios como West End (Londres) e Broadway (Nova York), triunfando en escenarios de todo o mundo. Desde a súa estrea en West End en 1986 e en Broadway en 1988, “El Fantasma de la Ópera” logrou: máis de 160 millóns de espectadores, sendo representada en 195 cidades e 21 idiomas e acumulando máis de 70 premios teatrais.
A versión que chega a Vigo mantén o espírito do orixinal, cunha posta en escena espectacular. Inspirada na novela de Gaston Leroux de 1910 (Lle Fantôme de L'Opéra), conta a historia dunha misteriosa figura enmascarada que axexa baixo a Ópera de París, exercendo un reinado de terror sobre todos os que a habitan. Namórase perdidamente dunha nova soprano, Christine Daaé, e dedícase a cultivar os seus extraordinarios talentos, empregando todos os métodos tortuosos ao seu alcance.



