Caballero: “Hoxe hai 18 anos que Vigo me deu a súa confianza como alcalde. Grazas”
Abel Caballero lembrou o resultado das eleccións municipais do ano 2007 que o converteron no alcalde de Vigo. “A partir de aí cada catro anos a cidade renovou a súa confianza en min e no equipo de goberno que eu encabezo”. Caballero agradeceu o voto democrático da cidadanía, que permitiu desenvolver conxuntamente a cidade: “Pasamos dun Vigo gris e escuro a outro cheo de color, actuacións, actividades, humanizacións, zonas deportivas, presencia e recoñecemento no mundo, ao nivel de Madrid e Barcelona”.
