O alcalde avanza a participación de 11.694 persoas nos campamentos de verán do Concello
O alcalde subliñou que este verán os campamentos municipais proporcionarán unha alternativa de lecer, deporte e conciliación familiar ás 11.694 persoas con praza nas actvidades programadas polo Concello para todas as idades entre os meses de xuño e agosto.

O rexedor avanzou que os campamentos para facilitar a conciliación familiar, o lecer e o deporte, contarán este verán coa participación de 4.450 nenas e nenos. A estas sumaranse outras 4.000 prazas para actividades interxeracionais; así como 3.000 para maiores, e 244 para persoas con diversidade funcional.
Caballero anunciou que este verán o Concello desenvolve un programa moi importante do campus “Vigo Inclusivo”, que conta con 244 prazas para persoas con diversidade funcional con idades entre 3 e 64 anos. “Favorecemos a conciliación en períodos non lectivos e o lecer das persoas con diversidade e as familias poderán conciliar”, recalcou.
Os participantes no campamento “Vigo Inclusivo” realizarán actividades de musicoterapia, talleres sensoriais, hípica, terapia canina, lecer na praia nas piscinas de Samil e talleres interxeracionais. Tamén contarán con atención personalizada. “Queremos queremos que se incorporen ao máximo a actividades do verán”, concluíu.