xoves, 2 feb 2023
A Vía Verde foi seleccionada pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) como novo sendeiro azul en Vigo, que súmase á senda do Lagares, a ruta entre faros das Illas Cíes e a senda litoral e do monte da Guía.
xoves, 2 feb 2023
O alcalde deu conta este xoves da programación municipal para festexar o Entroido, que se desenvolve entre o venres 17 e o mércores 22 de febreiro.
xoves, 2 feb 2023
O alcalde criticou en rolda de prensa que a Xunta “tarde sete meses en autorizar unha conexión á rede de abastecemento” e lamentou que a praia da ETEA non teña este verán bandeira azul polo “impedimento” á instalación dun baño.
xoves, 2 feb 2023
Esta mañá Abel Caballero recibiu a través de Efrén Pérez, do restaurante O Mesón do Marisco, unha camiseta adicada por Vicente del Bosque "ao mellor alcalde de España", como plasma na súa mensaxe. O rexedor mostrouse " emocionado e moi agradecido", xa que se trata "do mellor seleccionador que tivo nunca este país".
xoves, 2 feb 2023
O goberno local sumouse á celebración do Día Mundial dos humedais con dúas actividades didácticas e percorridos medioambientais. Hoxe foi a quenda escolar, cunha visita ao humedal da Bouza, mentres que o próximo domingo 5 está previsto un acto familiar con actividades para todas as idades cun roteiro ecolóxico e xogos lúdicos.
xoves, 2 feb 2023
Abel Caballero achegouse este xoves á tradicional romaría das Candelas na Igrexa románica de Castrelos onde participou na entrega de agasallos ás avoas e avós da parroquia. O rexedor agradeceu o traballo da Asociación de Festas e Cultura de Castrelos "As Candelas e San Blas” que fan posible a celebración cada ano deste evento e lembrou o apoio municipal ás festas da cidade, que este ano triplican as axudas.
xoves, 2 feb 2023
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou o Trofeo Concello de Vigo de fútbol base, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por Belarmino Alonso, “Milucho”, coordinador do programa, José Luis Rolo (organización), Daniel Costas (Balaídos CF) e Juan Antonio Bar (Arenas de Alcabre).