O alcalde recibe unha camiseta da selección española adicada polo exseleccionador Vicente del Bosque
Esta mañá Abel Caballero recibiu a través de Efrén Pérez, do restaurante O Mesón do Marisco, unha camiseta adicada por Vicente del Bosque "ao mellor alcalde de España", como plasma na súa mensaxe. O rexedor mostrouse " emocionado e moi agradecido", xa que se trata "do mellor seleccionador que tivo nunca este país".


