Abel Caballero: “O cartel do Entroido deste ano será `O alcalde de Romea’, a obra de Laxeiro”
O alcalde deu conta este xoves da programación municipal para festexar o Entroido, que se desenvolve entre o venres 17 e o mércores 22 de febreiro.

A obra do cartel elixido este par o Entroido deste ano chámase `O alcalde de Romea’, un territorio imaxinario plasmado por Laxeiro. Como sinalou Caballero “esta é unha obra de 1969, un óleo sobre tea que está na actualidade no Museo de Arte Moderna de Bos Aires”
O programa previsto polo goberno municipal comeza o venres 17 de febreiro no que se realizará a entronización do Meco ás 20 horas da tarde, este evento contará cun pasarrúas previo polo entorno de Príncipe e Policarpo Sanz. A praza da Porta do Sol, acollerá ás 20:30h o concerto de Tanxugueiras.
O sábado 18, ás 17 horas, a rúa do Príncipe acollerá un pasarrúas. Posteriormente ás 18:00h comeza o desfile de comparsas e carrozas que parte dende García Barbón, recorrendo esta rúa e Policarpo Sanz, ata o seu remate no cruzamento coa rúa Reconquista. O rexedor detallou os premios, obtendo o vencedor un premio de 3.000€; o segundo 2.500€ e o terceiro premio 2.000€, a maiores realizaranse 7 premios accésit de 1.000€ para os seguintes clasificados. As comparsas que non resulten premiadas recibirán a cantidade de 200€ en compensación de los gastos de desprazamento.
O día seguinte, domingo 19, como novidade, o Concello recupera a San Silvestre que non se puido realizar no Nadal, partindo da Porta do Sol ás 11:00h. Dende as 17 horas, desenvolveranse actuacións infantís; pasarrúas e unha chocolatada no entorno de Príncipe. O luns 20 tamén se celebrarán obradoiros infantís e pasarrúas entre as 17 e as 20 horas do serán.
Para o martes 21 de marzo, o Concello convoca o concurso de disfraces con modalidade infantil e de adulto dende as 17:30 horas da tarde. Tal e como explicou o rexedor, ás 20 horas dará comezo a actuación da orquestra “La Travesía” en Porta do Sol, coa queima do Meco en Policarpo Sanz ás 20:45h e a continuación co segundo pase da orquestra o remate.
O Entroido chega ao seu fin o mércores 22 de marzo ás 18 horas coas exequias funerarias, o desfile e acompañamento das comparsas á comitiva fúnebre pola zona centro da cidade e co enterro do Meco en Policarpo Sanz. Ao termo, ás 19:30h darase lectura á acta do xurado dos concursos de entroido.








