O Concello disporá dun centenar de profesionais para a seguridade nas praias
Abel Caballero recordou que este mércores, e ata o 15 de setembro, comeza o servizo municipal de salvamento e socorrismo na cidade, que este ano se presta en once areais, un máis que o pasado ano. Entre socorristas, efectivos de Protección Civil e axentes da Policía Local, aproximadamente cen traballadores velarán pola seguridade dos bañistas.