venres, 17 xuñ 2022
O Concello resolveu a convocatoria dirixida a asociacións sen ánimo de lucro e acordou conceder 1.140.000 euros a entes veciñais, sociais, empresariais e deportivos, entre outros, para facer fronte á contratación de 206 profesionais. O goberno vigués tamén concedeu subvencións a O Marisquiño, o Banco de Alimentos e a programas de cooperación internacional.
venres, 17 xuñ 2022
O alcalde de Vigo sumou esta mañá a súa voz á das instancias xudiciais que solicitan que a Xunta implante as gardas 24 horas no partido xudicial de Vigo. Criticou a negativa do goberno autonómico a implementar unha medida que xa conta co apoio económico do Goberno de España.
venres, 17 xuñ 2022
O alcalde valora que “non hai lista de espera” para gozar dunha bolsa do programa municipal de inmersión lingüística co que case 2.400 estudantes pasarán tres semanas de estadía no Reino Unido ou Irlanda para aprender inglés.
venres, 17 xuñ 2022
Abel Caballero achegouse ao Auditorio de Teis para presenciar a actuación dos alumnos do CEIP Vicente Risco co seu proxecto innovador "Son das Flores". O rexedor saudou a iniciativa do colexio, que iniciou un proxecto musical pedagóxico e social con nenos e nenas de educación primaria. A creación da orquestra beneficia á mocidade na responsabilidade e o ríspeto. Caballero louvou a acción do profesorado e a súa implicación cos alumnos e alumnas do centro.
venres, 17 xuñ 2022
O programa VigoArena, que patrocina o Concello de Vigo e conta co apoio de Coca-Cola, Gadis, Rodosa e Rofervigo, volve a Samil un ano máis. O alcalde de Vigo presentou a programación, que dende este mesmo venres e ata o domingo 31 de xullo, oferta tenis praia, volei praia e futevolei.