O alcalde anima ao alumnado vigués a traballar polo seu futuro académico
O Concello organizou este luns unha xornada de orientación e asesoramento educativo na que participaron entre 300 e 400 estudantes de 4º da ESO e 1º de Bacharelato da cidade.

O Auditorio Mar de Vigo acolleu a mesa redonda na que expertos de toda Galicia achegaron o seu saber educativo e formativo ao alumnado da cidade que “empeza a decidir cuestións do seu futuro académico, polo que queremos que teñan a información, asesoría e motivación” para afrontar unha nova etapa educativa, explicou o rexedor.
Con este obxectivo, entre 300 e 400 estudantes 4º da ESO e 1º de Bacharelato de varios centros vigueses asistiron á xornada, na que Abel Caballero salientou a importancia do esforzo e do traballo de estudo continuado para acadar os obxectivos académicos así como da aprendizaxe que achegan os erros.
A charla estivo moderada por Antonio Vázquez, vicepresidente do Consello Escolar Municipal de Vigo e contou coa participación do orientador educativo Daniel Vega Martínez,a educadora social e psicopedagoga María Ángeles Cortés de Deus e a coach executiva Raquel Pedouso.