xoves, 14 xan 2021
Este xoves presentouse na sede da Zona Franca a proposta, que optará a fondos europeos para conseguir seis dos dez millóns de orzamento. Xeraría 500 empregos e operaría no 2025. O alcalde valorou un proxecto “excepcional” para producir un combustible máis barato e sen emisións de gases de efecto invernadoiro.
xoves, 14 xan 2021
Nin o Concello nin os membros do Padroado do Ifevi coñecen o proxecto da Xunta que prevé construír un módulo deportivo no recinto feiral. Por tanto, varios membros do órgano reitor solicitan por carta ao Conselleiro de Economía unha reunión urxente na que esixirán coñecer esta iniciativa ademais de solicitar unha vez máis a entrada da Zona Franca no Padroado.
xoves, 14 xan 2021
O Concello executará a segunda fase da humanización desta rúa cun orzamento de 317.000 euros que se suman aos 307.000 euros da primeira parte. As inversións de mellora realizadas nesta zona de Teis ascende a 4,5 millóns.
xoves, 14 xan 2021
Este programa municipal de emprego está dotado con 2,1 millóns de euros, dos que unha parte proceden de fondos europeos. Os alumnos con rendas iguais ou inferiores ao 75% do IPREM recibirán un apoio de económico de case 300 euros mensuais.
xoves, 14 xan 2021
No último semestre de 2020, os 42 traballadores do programa realizaron 2.922 acompañamentos e visitas ás persoas usuarias do servizo que presta o Concello de xeito gratuíto e efectuaron 13.595 actuacións informativas á veciñanza na rúa.