martes, 12 xan 2021
Abel Caballero ofreceu este martes os datos de usuarios no transporte urbano vigués no 2020, que rexistra unha caída do 42,7% con respecto ao 2019, un total de 9,5 millóns de viaxeiros menos por mor da pandemia. “Demandamos do Goberno de España unha compensación polo déficit que significa”, argumentou o rexedor.
martes, 12 xan 2021
O alcalde reiterou esta mañá que o Concello segue sen coñecer o proxecto modificado de ampliación do recinto feiral que prevé executar a Xunta e que, segundo vén de anunciar, inclúe un módulo deportivo. A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, enviou unha carta á Consellería de Economía reclamando o proxecto definitivo para comprobar que se cumpre a normativa xa que a expropiación podería correr perigo ao realizarse en base a uns fins que agora poderían verse mudados.
martes, 12 xan 2021
Abel Caballero apunta que é "obriga" do goberno autonómico a desinfección Covid e para ese fin recibiu recursos do Estado polo que censura que a Vigo non teña chegado "nin un euro dos centos e centos de millóns" transferidos cando a cidade investiu máis de 1,5 millóns de euros en tarefas de desinfección.
martes, 12 xan 2021
Abel Caballero e Luis Espada mantiveron este martes un encontro no Concello no que abordaron o traballo que está a desenvolver o Valedor do Cidadán en diferentes ámbitos de interese para a cidade. O alcalde cualificou o labor realizado por Luis Espada como "excepcional" destacando os seus estudos sobre o ruído ou sobre o tráfico "que lle quero agradecer".