Escoitar

Caballero: “Hoxe rectificamos un erro histórico da cidade”

O Concello de Vigo puxo en marcha este martes o plan de tráfico especial para iniciar as obras do novo acceso á Autoestrada do Atlántico (AP-9) desde o centro da cidade. A actuación inclúe a derruba do paso elevado da rúa Alfonso XIII e a construción dun túnel. “Rectificamos un erro histórico”, dixo Abel Caballero.

martes, 12 xan 2021
O alcalde, durante a visita.
O alcalde, durante a visita.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este martes ao inicio das obras de derruba do paso elevado da rúa Lepanto e o novo acceso á Autoestrada do Atlántico (AP-9). A actuación fai preciso por en marcha un plan de tráfico especial para reordenar a circulación no centro da cidade.

“O “scalextric” foi unha das grandes aberracións da cidade, a veces cométense erros importantes, este foi un inmenso erro, era unha forma de entender a cidade sen respecto aos cidadáns”, sinalou Caballero tras realizar unha visita á infraestrutura que será derribada nas vindeiras semanas.

O rexedor indicou que esta actuación “era unha grande prioridade, porque había que tirar este disparate e facer un bo sistema de entrada e saída da autoestrada, conectaremos cun túnel e unha entrada branda que reabrirá en outubro”. Abel Caballero amosouse “encantado” coa obra para “tirar este vestixio, de atraso, de barbaridade, porque en Vigo estamos rectificando erros históricos e este era un deles”.

As obras de execución do paso subterráneo obrigarán a pechar o acceso á AP9 desde este 12 de xaneiro ata outubro, mentres que a derruba do paso elevado pechará a rúa Alfonso XIII desde o 12 ata o 31 de xaneiro. As alternativas para o acceso á autoestrada serán a través das entradas do túnel de Beiramar, Isaac Peral, Praza San Lourenzo e Buenos Aires. O plan de tráfico establece ademais as seguintes recomendacións:

Gran Vía o Urzaiz descendentes:

Opción 1: Urzaiz, República Arxentina, túnel Areal, AP9

Opción 2: Urzaiz, República Arxentina, García Barbón, Isaac Peral, AP9

Urzaiz ascendente: Travesía de Vigo, Numancia, Praza San Lourenzo, AP9

Gran Vía ascendente/Praza España:

Opción 1: Pizarro, Travesía de Vigo, Numancia, Praza San Lourenzo, AP9

Opción 2: Av Madrid, Arq. Palacios, Gregorio Espino, Travesía de Vigo, Numancia, Praza San Lourenzo, AP9

Opción 3: Av Madrid, Arq. Palacios, Martínez Garrido, Aragón, Travesía de Vigo, Buenos Aires, AP9

Avenida de Madrid ascendente:

Opcion 1: Arq. Palacios, Gregorio Espino, Travesía de Vigo, Numancia, Praza San Lourenzo, AP9

Opción 2: Arq. Palacios, Martinez Garrido, Aragón Travesía de Vigo, Buenos Aires, AP9

Praza América: Coruña, Beiramar, túneles, AP9

Descargar todas as imaxes