martes, 22 set 2020
Concello e Deputación están a humanizar 1,3 km da estrada Porto cun importe de 3,5 millóns dos que o 70% é achegado polo organismo provincial, que cederá ao Concello a titularidade do vial. Cun prazo de execución de 18 meses, a actuación prevé a ampliación da estrada e a construción de muros, así como beirarrúas en ambos marxes do vial.
martes, 22 set 2020
O alcalde, Abel Caballero, e a primeira tenente de alcalde e presidenta provincial, Carmela Silva, visitaron este martes unha nova creación artística ao aire libre da sexta edición do programa municipal “Vigo, cidade de cor”, nesta ocasión a proposta de Colectivo Licuado na Avenida de Guixar 28.
martes, 22 set 2020
Segundo explicou o alcalde, a actividade na biblioteca-centro de documentación do museo quedará restrinxida a grupos de 9 persoas, en tres sesións diferentes, para cumprir coa normativa sanitaria do Covid-19.