O Concello de Vigo abre un novo punto exclusivo de empadroamento
Vigo contará cun servizo exclusivo para atender a todas aquelas persoas que queiran empadroarse na cidade. Ante o aumento da demanda, o Concello decidiu abrir un punto físico dedicado tan só a estas solicitudes, mentres que as outras tres xanelas actuais atenderán os trámites de renovacións, modificación de datos persoais e cambios de residencia.