Escoitar

Abel Caballero: “Nunha cuestión tan seria como unha pandemia, non temos información dos contaxiados nesta cidade”

O alcalde volveu denunciar este mércores que a Xunta de Galicia segue sen informar ao Concello de Vigo da evolución da Covid-19 na cidade. Caballero recordou que o goberno local se encarga da vixilancia, da desinfección e da atención social.

mércores, 23 set 2020

“A día de hoxe”, afirmou Caballero este mércores, “seguimos sen ter da Xunta de Galicia ningunha información sobre o número de contaxiados por Covid na cidade”. O alcalde considera “un escándalo” que a administración autonómica non remita os datos da evolución da pandemia á cidade, pois o Concello vigués é responsable da vixilancia e das sancións, da desinfección das rúas ou da atención social, entre outras funcións.

“Nunha cuestión tan seria como unha pandemia, non temos coñecemento nin información do número de contaxiados nesta cidade”, censurou Abel Caballero: “Tremendo, o do señor Feijóo e tremendo”.