xoves, 2 out 2008
61 persoas iniciaran a mediados de mes o seu período de formación no contexto do Programa Util da Concellería de Emprego e Promoción Eocómica, segundo anunciou o concelleiro Santos Héctor Rodríguez. O devandito programa permitirá a adquisición de experiencia profesional, no ámbito da obra pública, de persoas que estaban desempregadas e con problemas de renda.
xoves, 2 out 2008
O concelleiro de Distritos e coordinador de grandes proxectos, Angel Rivas, visitou hoxe a nave calcinada polo incendio de O Gorxal, acompañado dun técnico da xerencia de urbanismo, un técnico de Tragsa e enxeñeiros de dúas empresas, co fin de elaborar un proxecto de intervención.
xoves, 2 out 2008
Amosar as expresións artísticas das persoas con necesidades educativas especiais nun espazo tan especial como pode ser un autobús urbano configura un dos obxectivos da mostra "Encontros diverxentes", inaugurada este xoves na Praza da Independencia e que a partir do 9 deste mes de outubro comezará o seu percorrido polas diferentes cidades galegas.
xoves, 2 out 2008
O programa "Cólgate da vela", posto en marcha pola Federación Galega de Vela en colaboración coa Dirección Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego, ofrece 151 prazas gratuitas para escolares dos centros educativos de Vigo co obxectivo de promover a vela en catamarán entre a xente moza.
xoves, 2 out 2008
A Casa das Artes acolle desde o día 2 de outubro a exposición das obras do XIII Maratón Fotográfico Concello de Vigo que se celebrou, dentro da programación das Festas do Cristo o pasado día 10 de Agosto.
O Infobus estará o venres na praza de América
xoves, 2 out 2008
Espazo Proxecta no Punto Xove realizará todos os xoves do mes de outubro ás 18:30 horas u nha proxeción de Olivia Vidal, Teresa García e Concepción Barciela sobre " Expedición feminina pola cordilleira dos Andes"<br />
<br />