O Concello estudia a retirada de residuos de O Gorxal
O concelleiro de Distritos e coordinador de grandes proxectos, Angel Rivas, visitou hoxe a nave calcinada polo incendio de O Gorxal, acompañado dun técnico da xerencia de urbanismo, un técnico de Tragsa e enxeñeiros de dúas empresas, co fin de elaborar un proxecto de intervención.
Técnicos da xerencia de urbanismo, Tragsa e representantes de diferentes empresas levan días estudiando os pranos da nave de O Gorxal e estes días realizarán visitas oculares, dende o exterior, para recabar os datos necesarios para a elaboración dun proxecto de intervención. O obxectivo é a retirada dos residuos que aínda quedan no interior da nave, principalmente os líquidos da empresa Zorca S.A.
Descargar todas as imaxes