O Concello elaborará un Plan Estratéxico dos Mercados Municipais
O Concello de Vigo porá en marcha o primeiro Plan Estratéxico dos Mercados Municipais, segundo anunciou este mércores o tenente de alcalde, Santi Domínguez no acto de celebración do centenario do mercado do Progreso. No transcurso do acto, no que se descubriu unha placa conmemorativa, tanto a directora xeral para o Comercio, Ana Rúa, como o alcalde da cidade, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, coincidiron en subliñar a importancia deste acontecemento, que amosa a potencialidade de Vigo e o seu pequeno e mediano comercio.