O Concello elaborará un Plan Estratéxico dos Mercados Municipais
O Concello de Vigo porá en marcha o primeiro Plan Estratéxico dos Mercados Municipais, segundo anunciou este mércores o tenente de alcalde, Santi Domínguez no acto de celebración do centenario do mercado do Progreso. No transcurso do acto, no que se descubriu unha placa conmemorativa, tanto a directora xeral para o Comercio, Ana Rúa, como o alcalde da cidade, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, coincidiron en subliñar a importancia deste acontecemento, que amosa a potencialidade de Vigo e o seu pequeno e mediano comercio.
A directora xeral para o Comercio, Ana Rúa, comezou a súa intervención felicitando as placeiras e os placeiros do mercado do Progreso e salientou que son os "protagonistas da boa marcha do mercado" durante todo este tempo. "Dende a Consellería de Industria fixemos unha clara aposta pola revitalización dos mercados municipais", lembrou Ana Rúa, quen subliñou que forman parte esencial do entramado comercial dunha cidade. Ademais, como resposta aos problemas que os mercados atopan para atraer a clientela máis nova, a directora xeral para o Comercio expresou o seu apoio á elaboración do primeiro Plan Estratéxico dos Mercados Municipais de Vigo "se están consensuados con todas as asociacións implicadas e ofrezan unhas instalacións exemplo de modernidade", matizou. "Temos que buscar o xeito de que este mercado perviva moitos máis anos", reiterou, ao tempo que manifestou os seus parabéns á decana do mercado so Progreso, quen segundo a directora xeral para o Comercio, os seus 83 anos son un exemplo de que con traballo e esforzo "se pode saír para adiante".
Na súa intervención, o alcalde de Vigo, Abel Caballero salientou que os cen anos de vida do mercado do Progreso son unha parte fundamental da historia da cidade. "Hoxe todo Vigo está de festa", subliñou, ao tempo que destacou as relacións persoais como aspecto fundamental na vida cotiá dun mercado. "Neste centenario celebramos a relación entre as persoas", afirmou, así como a cercanía, e os bos consellos. Ademais, Caballero sinalou que os mercados municipais forman parte do "proxecto colectivo de facer cidade", para o cal indicou que hai que "seguir competindo e traballando".
O tenente de alcalde, pola súa banda, asegurou que hoxe é "un día de ledicia", polo que felicitou á directiva do mercado do Progreso, porque ao seu xuízo este é un "exemplo para o resto", en tanto que está "innovando continuamente". Sinalou ademais que é un momento de "pensar no futuro como responsable dos mercados vigueses" e neste sentido, anunciou a elaboración do primeiro Plan Estratéxico dos Mercados Municipais de Vigo da cidade. Segundo Santi Domínguez é preciso "apostar estratéxicamente" polos mercados, de xeito que Vigo sexa pioneira en Galiza en poñer en marcha esta iniciativa.
"Dende este goberno queremos apostar decididamente polo pequeno e mediano comercio de Vigo", subliñou o tenente de alcalde, porque ao seu xuízo "xera riqueza para a cidade e porque o que gañan os comerciantes repercute na propia cidade". Santi Domínguez explicou que máis de 16.000 persoas traballan en Vigo no pequeno e mediano comercio, polo que é preciso "apostar por el".