Vigo acolle a exposición Xente "De Mente", que busca sensibilizar á cidadanía sobre o Alzheimer
Co obxectivo de sensibilizar a cidadanía sobre a enfermidade do alzheimer a Casa das Artes acolle dende hoxe e ata o vindeiro 10 de outubro a exposición itinerante "Xente De Mente". Na presentación da mostra, o concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou a importancia de desenvolver iniciativas como esta, xa que na cidade de Vigo existen arredor de 5.000 persoas diagnosticadas con esta enfermidade.<br /> <br />
"Trátase dunha exposición interactiva que pretende amosar á cidadanía en que consiste a enfermidade do alzheimer, as súas consecuencias e como combatila", explicou o edil. A mostra está integrada por 16 paneis dirixidos a todos os públicos e nos que se explican os aspectos máis importantes desta patoloxía neurodexenerativa. Así, os paneis informan sobre a historia do alzheimer, as investigacións que se están a desenvolver e os últimos avances no seu tratamento. Ademais, as persoas que visiten a exposición poderán experimentar algúns dos síntomas e sensacións que sofren as persoas afectadas por esta enfermidade a través de diferentes xogos e probas.
O concelleiro de Cultura, na súa intervención, felicitou á Asociación de Familiares de Afectados do Alzheimer, Afaga, polo traballo que están a desenvolver con estas persoas, así como á Obra Social de Caixa Galicia, polo seu patrocinio a mostra e o seu apoio para desenvolver distinto tipo de iniciativas sociais. Neste sentido, Xesus López indicou que na provincia de Pontevedra existen máis de 15.000 persoas diagnosticadas con esta enfermidade, das que 5.000 corresponden á área urbana de Vigo, o cal supón arredor de 20.000 persoas afectadas na nosa cidade.
O representante de Afaga, pola súa banda, subliñou a importancia de que toda a sociedade sexa consciente desta enfermidade, en tanto que, segundo os expertos, só está diagnosticado o 50 por cento dos casos, e sinalou que tendo en canto o modo como afecta ás familias,a enfermidade "convértese nunha cuestión social". O director da Obra Social de Caixa Galicia, Manuel Aguilar, indicou que a entidade amosa a súa dispoñibilidade para "cubrir as necesidades asistenciais que presentan as diferentes organizacións non lucrativas que traballan con persoas maiores, colaborando coa sostenibilidade dos seus proxectos".