mércores, 13 agosto 2008

O alcalde asina o desenvolvemento de Praza de España, co 21% de vivenda protexida

O alcalde, Abel Caballero, rubricou este mércores o convenio de xestión e planificación do ámbito de Praza de España, que contempla a peatonalización da zona, zonas verdes, 600 aparcamentos, túneles que unen a Avenida de Madrid coas duas direcións de Gran Vía e a reserva do 21% das vivendas para protección oficial. En total, son "20 ámbitos de actuación que van arrancar de xeito inmediato", destacou o rexedor.

Vigo contará con 72 novos contedores para para papel e cartón

mércores, 13 ago 2008

O alcalde, Abel Caballero visitou hoxe mércores as instalcións da concesionaria municipal VIGO-RECICLA (ECOEMBES). Nesta visita anunciou a colocación de 72 novos contedores para a recollida selectiva de papel cartón. No tocante á recollida selectiva, o rexedor destacou que en Vigo "se recicla moito e ben".

O concelleiro Xabier Alonso salienta o alto nivel deportivo dos equipos que participarán o domingo na XVI Bandeira Concello de Vigo de Traiñeiras

mércores, 13 ago 2008

A XVI Bandeira Concello de Vigo de Traiñeiras, que se celebrará o vindeiro 17 de agosto en augas do Porto de Vigo, contará cun "alto nivel deportivo", segundo salientou este mércores o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Así mesmo o indicou o presidente do Real Club Náutico de Vigo, Franco Cobas, na presentación da proba, na que tamén participou o vicepresidente do C. R. Coruxo, Darío Fernández.