O concelleiro Xabier Alonso salienta o alto nivel deportivo dos equipos que participarán o domingo na XVI Bandeira Concello de Vigo de Traiñeiras
A XVI Bandeira Concello de Vigo de Traiñeiras, que se celebrará o vindeiro 17 de agosto en augas do Porto de Vigo, contará cun "alto nivel deportivo", segundo salientou este mércores o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Así mesmo o indicou o presidente do Real Club Náutico de Vigo, Franco Cobas, na presentación da proba, na que tamén participou o vicepresidente do C. R. Coruxo, Darío Fernández.
"Calquera iniciativa deportiva que teña como escenario a nosa ría contará co apoio do Concello de Vigo, e en especial unha proba tan relevante como a Bandeira de Traiñeiras", subliñou Xabier Alonso. O edil nacionalista destacou ademais que a disputa da liga galega se xoga entre tres embarcacións da Ría viguesa, o cal, ao seu xuízo, significa que as traiñeiras da ría "están sendo moi competitivas". Neste sentido animou á embarcación do Club Náutico vigués a loitar polo triunfo.
Xabier Alonso sinalou que a proba se trata tamén dun evento de gran relevancia dende o ámbito turístico para os visitantes que se atopen na cidade o vindeiro domingo. O concelleiro de Deportes, pese a atoparse de vacacións, anunciou que seguiría o transcurso da proba en augas do porto vigués a partir das 11.30 horas dende unha embarcación.
O presidente do Club Náutico, Franco Cobas, agradeceu ao concelleiro de Deportes o seu apoio para manter a proba unha edición máis. "Un ano máis sentiu a chamada do remo e temos que agradecerllo", salientou. Cobas explicou que a proba disputarase ao longo de 5.556 metros, nun percorrido "clásico" no que o Náutico de Vigo tratará de recortar os once puntos de distancia que o separan do líder, Samertolameu. Pola súa banda, o vicepresidente, C.R. Coruxo, Darío Fernández, expresou a súa satisfacción por colaborar coa organización da proba e amosou o desexo de seguir mantendo a colaboración nas seguintes edicións da Bandeira.
Descargar todas as imaxes