Escoitar

Nove escultores europeos erixen en Vigo obras en directo e ao aire libre

O alcalde, Abel Caballero, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesús López, participaron este martes do acto de inauguración do Simposio Europeo de Escultura ao aire libre, celebrado no Centro Cultural de Valadares. O encontro, que se extenderá nas vindeiras 3 semanas na explanada o carón das instalacións da Asociación veciñal e cultural de Valladares, reúne a especialistas europeos na escultura en granito, e procura promover o intercambio cultural e artístico.

martes, 12 ago 2008
12185468241.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesús López, participaron este martes da inauguración no Centro Cultural de Valadares do Simposio Europeo de Escultura ao aire libre, que reúne nos próximos 20 días a distintos artistas europeos especialistas na escultura en granito.

Nas vindeiras tres semanas, oito escultores europeos (representando a Alemania, Bulgaria, España, Francia, Italia, Lituania, Portugal e Turquía), xunto co director técnico e artístico, o vigués Remigio Davila, quen tamén participa do Simposio, executarán en directo unha obra en granito na explanada o carón das instalacións da Asociación veciñal e cultural de Valladares. Unha vez rematadas, se instalarán os traballos conformando unha ruta escultórica no devandito Parque, de cara a embelecer o lugar.

O evento executarase en directo, con escultores europeos, nunha zona de 1.000 m2 habilitada ao efecto e preparada para a asistencia de público. Os cidadáns poderán coñecer in situ o proceso de desenvolvemento dunha escultura, mentres os artistas participantes intercambian ideas e coñecementos.

O material empregado nas obras será o granito de diversas calidades e procedente de distintos lugares da provincia de Pontevedra: o rosa Porriño, o silvestre do Monte Alba, etc. O Simposio, que finalizará o 31 de agosto, ten un antecedente na "Arte e Natureza" celebrada na cidade olívica en 1999.

O alcalde, Abel Caballero, destacou a calidade escultórica de Vigo e a capacidade dos artistas de plasmar e reflexar os lazos que unen "a cidade coas súas xentes", vinculos que se atopan en cada unha das obras da cidade.

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, na apertura do acto, felicitou á organización da iniciativa por desenvolver un proxecto desta envergadura, xa que ao seu xuízo "non é doado reunir nestes días a artistas de tan grande calidade".
12185468241.JPG
12185468322.JPG
Descargar todas as imaxes