O alcalde asina o desenvolvemento de Praza de España, co 21% de vivenda protexida
O alcalde, Abel Caballero, rubricou este mércores o convenio de xestión e planificación do ámbito de Praza de España, que contempla a peatonalización da zona, zonas verdes, 600 aparcamentos, túneles que unen a Avenida de Madrid coas duas direcións de Gran Vía e a reserva do 21% das vivendas para protección oficial. En total, son "20 ámbitos de actuación que van arrancar de xeito inmediato", destacou o rexedor.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este mércores o convenio de desenvolvemento do ámbito de Praza de España, que inclúe a peatonalización en superficie con zonas verdes, catro edificios que reservan o 21% das súas vivendas para protección oficial, 600 aparcamentos públicos e a construción dunha rede de túneles que conectarán a Avenida de Madrid cos dous sentidos da Gran Vía.
Abel Caballero mostrouse "moi satisfeito" dunha sinatura que implica que "simbólicamente, hoxe acaba de arrincar o plan de ordenación municipal de Vigo". As estimacións que baralla o alcalde data o comezo da obra na primavera do 2009, para estar rematada toda a actuación, salvo as edificacións, en marzo de 2011. Os traballos se realizarán por fases polo que o tráfico rodado apenas se verá afectado, informou o alcalde.
"20 ámbitos de actuación van arrincar de xeito inmediato", salientou o rexedor, tras citar os convenios xa asinados de Fontes Pertegueiras, Sagunto Barrio do Calvario, Eiravella, Esturáns, Lagares, Recaré, Samil, Tomás Paredes, Troncal e Arquitecto Palacios; os tres rubricados con Zona Franca a pasada semana, e os de Fragosiño, Artística e Fenosa, que se asinarán "en días".
O alcalde subliñou que Praza de España é a "mostra do éxito do PXOM", xa que contempla unha importante carga dotacional "en beneficio de todo o colectivo", polo que "urxe que as obras se realizaran no tempo máis breve posible". Así, o rexedor adiantou que xa se está a traballar na documentación administrativa e que o 5 de setembro se constituirá a xunta de compensación do ámbito.
Descargar todas as imaxes