Escoitar

Vigo contará con 72 novos contedores para para papel e cartón

O alcalde, Abel Caballero visitou hoxe mércores as instalcións da concesionaria municipal VIGO-RECICLA (ECOEMBES). Nesta visita anunciou a colocación de 72 novos contedores para a recollida selectiva de papel cartón. No tocante á recollida selectiva, o rexedor destacou que en Vigo "se recicla moito e ben".

mércores, 13 ago 2008
1218632852P2.JPG
O alcalde informou hoxe mércores desde a planta de Ecoembes en Vigo da colación de 72 novos contedores para a recollida selectiva de papel-cartón. Éstos instalaránse na zona de Fragoso (nº16 e 31), Castrelos (nº118) e Florida (nº 119). Do total, 28 ubicaránse en zonas novas priorizando o entorno dos colexios.

Moitos dos contedores son vítimas de actos vandálicos, entendendo por vandalismo calquera contedor que quede inservible por rotura, incendio o desaparición, sen incluir os deteriorados por accidentes de circulación. Así, o alcalde explicou que foron esgallados vandálicamente. no ano 2007, 250 contedores de todo tipo por un importe total de 305.000 euros; e que vai de 2008, 120 contedores, cun custo de 179.000 euros

Abel Caballero anunciou que, no pasado ano, a recollida de cartón se incrementou nun 3% co respecto ao 2006; a dos envases, un 8%; e a do vidro, un 18%. Uns datos polos que o alcalde conclúe que en Vigo "se recicla moito e ben".
Descargar todas as imaxes