Vigolandia 2007 buscará entreter e formar ao mesmo tempo
Vigolandia, o parque de ocio infantil organizado polo Concello dentro da súa programación de Nadal, chega este ano á súa quinta edición co obxectivo de entreter e formar ao mesmo tempo. Será do 26 ao 30 de decembro no IFEVI.
O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural, Xesús López, presentou este venres Vigolandia 2007 lembrando o éxito rexistrado o ano pasado, cando se achegaron ao parque arredor de 30.000 visitantes.
Este ano, sinalou o concelleiro, entre as actividades que ofrecerá Vigolandia terán especial importancia as destinadas a formar os nenos e nenas. Así, o parque ofrecerá unha serie de obradoiros a través dos cales os rapaces poderán coñecer as formas de celebrar o Nadal en Galicia e noutros países do mundo.
Así mesmo, Xesús López adiantou que nesta edición de Vigolandia as diferentes actividades serán agrupadas por tramos de idade, de xeito que unhas irán dirixidas a cativos de 0 a 3 anos, outras irán dos 3 aos 5, e nas restantes participarán os nenos e nenas de 5 a 12 anos. Neste último caso, indicou o concelleiro, admitiranse participantes de maior idade.
Por outra parte, dentro da programación de Vigolandia o IFEVI acollerá un espectáculo de maxia visual, os días 26 e 27 de decembro, e outro de monicreques, a cargo da compañía Tanxarina, os días 28, 29 e 30.
O prezo das entradas para acudir a Vigolandia é de 3 euros para adultos e de 2 para menores de 14 anos. Para asisitir a algún dos dous espectáculos mencionados haberá que aboar un euro máis. Como en edicións anteriores, a recadación obtida nas taquillas destinarase a institucións benéficas que traballan a favor das persoas discapacitadas.