Escoitar

O ciclo de cine non sonoro do festival Are-More comeza con "O Neno", de Charles Chaplin

O Auditorio Municipal acolle este luns, a partir das 20.30 horas, unha proxección da película non sonora "The Kid" ("O Neno"), de Charles Chaplin, co acompañamento musical do Cuarteto Ancestral, dentro do ciclo "Músicas para o silenci" do festival Are-More.

luns, 5 nov 2007
1194270681chaplin051107.jpg
Sinopse

O filme narra o abandono dun neno por unha nai solteira, que máis tarde vai á súa procura. O rapaz é recollido por un vagabundo que o cría e o educa ao seu xeito até que ten cinco anos, idade na que a Asistencia Pública vén a levalo. Nese momento é cando aparece a súa nai, xa convertida nunha famosa actriz.

Charles Chaplin

Director, compositor, actor e guionista nado en Londres en 1889. Xenio múltiple, exuberante e desordenado, é un personaxe fundamental da cultura do século XX. Fillo dun cantante de vodevil e dunha actriz e cantante de teatro, debutou no cabaré aos cinco anos, antes de ir á escola. Despois de que o seu irmán non lle conseguise un traballo, realizou numerosas xiras que o levaron aos EE.UU. en 1912. É contratado e pasa a formar parte da Keystone. O éxito chégalle con "O romance de Charlot". En 1920 crea a United Artists. Na filmografía de Chaplin destacan títulos como "Unha muller de París" (1923), "O circo" (1927), "Tempos modernos" (1935), "O gran ditador" (1940), "Candilexas" (1952), "Un rei en Nova York" (1957), e o seu último traballo, "A condesa de Hong-Kong" (1967). Morreu en Corsier-sur-Vevey (Suíza) en 1977.

Cuarteto Ancestral

A música para a proxección de "O Neno" poraa o cuarteto formado por Afonso Franco (violín), Alfonso Merino (violín), Iago Mouriño (piano) e Felipe González (clarinete).
Descargar todas as imaxes