O programa "Move Vigo Magosto 2007" desenvolve 87 actividades nas parroquias e barrios de Vigo
"Achegar a cultura e o lecer a todos os barrios de Vigo e facer partícipe a veciñanza das festas tradicionais da cidade" son, segundo o concelleiro de Cultura, Xesús López, os dous principais obxectivos do programa "Move Vigo Magosto 2007", que se desenvolve dende hai cinco anos coa colaboración da Federación Veciñal "Eduardo Chao". En total, 87 actividades terán lugar en 23 barrios e parroquias da cidade ata o vindeiro 25 de novembro.
Na presentación do programa, que inclúe magostos, concertos e teatro, entre outras iniciativas, o concelleiro do BNG salientou que coa implicación dos veciños e as veciñas de Vigo é posible "converter os barrios e as parroquias de Vigo en verdadeiros puntos de encontro". Nestes días, as dúas toneladas de castañas que se repartirán nos 21 magostos programados terán como finalidade precisamente que os vigueses e viguesas gocen na rúa dunha das festas máis tradicionais.
Unha mostra da variedade de actividades organizadas é o programa da vindeira fin de semana. Así, o venres celebraranse magostos nas asociacións veciñais de Lavadores e Pontenova-Freixeiro ás 19.00 horas e na de Travesía de Vigo "As Nosas Rúas", ás 19.30 horas.
Xa o sábado pola tarde haberá magostos en Beade, San Xoán de Poulo, Candeán, Sárdoma, Alcabre, Lavadores, Teis, Oia, Castrelos, Valadares e Zamáns. Ademais, o auditorio do Centro Cívico de Teis acollerá o concerto da Banda de Música Unión Musical de Cabral ás 19.00 horas. No Centro Social e Cultural de Beade, ás 20.30 horas, o grupo López de Vigo porá en escena a obra "Ide todos ó inferno". E o humor tamén ten cabida nesta programación, e así o Centro Veciñal e Cultural de Valadares acollerá o 8º Certame de Humor, ás 18.30 horas, no que actuarán personaxes de recoñecido prestixio no panorama humorístico galego.
Esta actividade tamén terá lugar o domingo no mesmo escenario, ás 18.30 horas. Tamén o domingo, nas instalacións da Sociedade Cultural e Deportiva Artlántida de Matamá celebrarase o Concerto Outono Cultural, a cargo do Ateneo de Bembrive.
Ademais da organización de magostos coordinados nas parroquias e barrios da cidade, que se celebrarán ata o domingo 25 de novembro, "Move Vigo" tamén se desenvolve ao longo do ano con programas especiais en Nadal, Entroido, o Día das Letras Galegas e San Xoán.
Descargar todas as imaxes