A Concellería de Igualdade vai pór en marcha un curso de teatro para mulleres
O proxecto didáctico "Expresión Vital e Formación Teatral", que porá en marcha proximamente a Concellería de Igualdade, ten como propósito iniciar a aquelas que estean interesadas nas artes escénicas, através dun obradoiro no que se abordan, desde unha perspectiva lúdica, o xogo de roles e o recoñecemento de estereotipos misóxinos.
O programa de actividades inclúe materias relacionadas con técnicas teatrais como son exercicios de voz, expresión corporal e propiamente interpretativos. Ademais, as alumnas son introducidas nas teorías teatrais e movementos literarios.
O curso, dirixido por Mónica Bar Cendón, realízase coa colaboración coa Asociación de Mulleres Dorna e dura todo o ano. As incricións poden facerse na Concellería de Igualdade (na Casa do Concello) e o prazo está aberto sen data límite, xa que se admite a incorporación de novas participantes ao obradoiro unha vez comezado. A participación no obradoiro é gratuíta.