Aprobada a incorporación de sete novos oficiais á Policía Local
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a incorporación de sete novos oficiais ao corpo da Policía Local. Estas incorporacións sómanse ás aprobadas hai dúas semanas, que foron as de 26 gardas, outros sete oficiais e catro inspectores.
Ademais, o Goberno local deu o seu visto bo ao novo texto do convenio de colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que contará cunha achega municipal de 64.000 euros. Desta cantidade, 60.000 euros destinaranse á promoción de actividades das ONGs e 4.000, á sensibilización, á difusión e a axudas urxentes.
Así mesmo, foi aprobada a revisión de prezos do contrato de mantemento integral das instalacións electromecánicas dos túneles do Concello, adxudicado á U.T.E. Instalaciones y Montajes Eléctricos e Equipos de Senalización y Control. O prezo quedará fixado a partir do 1 de setembro de 2007 en 548.000 euros.
Por outra parte, a Xunta de Goberno autorizou un importe duns 7.800 euros para gastos de locomoción correspondentes a desprazamentos no termo municipal do persoal de varios departamentos do Concello para realizar diversos servizos. Son os servizos de Limpeza, OSPIO-Vías e Obras-Control de Concesionarias, Seguridade, Parque Móbil, Benestar Social, Cemiterios, Contratación, Conserxería, Participación Cidadá, Normalización Lingüística, Museo Quiñones de León e Inspección de Tributos.
O Goberno local tamén acordou este luns promover ante a Consellería de Traballo a cualificación como Iniciativa Local de Emprego do proxecto empresarial "Ecoenvío", que ten por obxecto a venda de produtos ecolóxicos galegos através de Internet. O proxecto será apoiado polo Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE).
Descargar todas as imaxes