Escoitar

"Vigo en Xogo" aumenta a súa participación ata 315 equipos

O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, acompañados por Alejandro Costas, presidente da Agrupación Deportiva de Vigo, presentaron este martes a nova edición de "Vigo en Xogo", na que ata o de agora hai apuntados 315 equipos de fútbol 7, fútbol sala e baloncesto.

martes, 23 out 2007
1193144643deportes231007.jpg
En concreto, son 165 equipos de fútbol 7, 120 de fútbol sala e 30 de baloncesto, o que fai o total de 315 conxuntos, fronte aos 281 que participaron na pasada edición. Daquela, "Vigo en Xogo" alcanzou unha cifra de arredor de 4.000 deportistas que, dado o número de equipos desta temporada, será superada amplamente. Neste sentido, Santiago Domínguez asegurou que "seguiremos apoiando este proxecto" para que continúe crecendo.

Pola súa parte, Xavier Alonso indicou que "Vigo en Xogo" cumpre coa filosofía que desde o Concello se quere imprimir no deporte vigués, que non é outra que a de facer os cidadáns protagonistas, e non só espectadores. O concelleiro, ademais, salientou a gran demanda de participación que ten recibiso "Vigo en Xogo", polo que desde o Concello, dixo, "temos que esforzarnos para dar cabida a toda a xente".
Descargar todas as imaxes