A mellora da avenida do Aeroporto e do Primeiro Cinto recibe un orzamento adicional de 466.000 euros
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns o proxecto modificado de mellora da avenida do Aeroporto e do Primeiro Cinto, cun orzamento adicional de 466.000 euros. Ademais, o Goberno municipal aprobou o proxecto de contrato do grupo Capella de Ministrers para o primeiro concerto do Festival de Música Are-More 2007. A contratación deste grupo suporá un importe de algo máis de 68.000 euros.
Así mesmo, a Xunta de Goberno adxudicou á empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica o servizo de seguridade e vixilancia preventiva no edificio da Xerencia Municipal de Urbanismo, cun prazo de execución de dous anos e un prezo anual duns 45.000 euros.
Por outra parte, a reunión da Xunta de Goberno deste luns serviu para dar conta dos expedientes de contratación tramitados polo réxime de gasto menor no servizo de Festas e Animación Sociocultural durante os meses de xullo e agosto deste ano. Os expedientes, que soman un importe total de 81.000 euros, inclúen, entre outros gastos, varias contratacións para actuacións musicais, como a da Federación de Corais Polifónicas, a Federación de Bandas de Música Populares e a Coral Casablanca, así como gastos de iluminación, patrocinio e Cruz Vermella.
Descargar todas as imaxes