Escoitar
Persoal

Contratación laboral-temporal dun operador informático

<br />

venres, 19 out 2007
Acordo Xunta de Goberno-Local de data de 15 de octubro do 2007.
Posto de traballo: Un operador informático.
Duración: 3 meses.
Titulación: Graduado E.S.O.,, FP-I ou equivalente.

Outros requesitos:
Experiencia: Contar con experiencia acreditada non inferior a dous anos en : Instalación e mantemento de servicios de redes locais, equipos e sistemas informaticos, aplicacións informaticas e servicios de internet, mantemento de portales de informacion, reparación de ordenadores e impresoras, o que implica coñecementos de Ofimática, correo electrónico, Internet, Sistemas operativos Windows (98, XP), LINUX.

A Comisión de Valoración estará composta por o Titular do organo de apoio da Xunta de Goberno Local: Manuel Xosé Lorenzo Penela ou persoa en quen delegue, o Xefe do Servicio de Informática: Ricardo Frieiro ou técnico en quen delegue, o Tco. Analista de Sistemas: Francisco Mourelle e a Tca. de Org. e X. de Recursos Humanos –que actuará como secretaria da Comisión.

A tales efectos, o proceso de selección constará dunha proba práctica sobre coñecementos das tarefas propias do posto de traballo, que se avaliará de cero a dez puntos, tendo esta proba carácter excluinte se o/a candidato/a non obten un mínimo de cinco puntos.

A Comisión proporá a/o candidata/o, ó Iltmo. Sr. Alcalde, que resulte seleccionado/a por orde de puntuación, co obxeto de formalizar a contrtación.

Presentación de solicitudes: Os interesados presentarán as solicitudes e currículo no Rexistro Xeral do Concello de Vigo e o prazo de presentación será de cinco días naturais, a contar dende o dia seguinte o da publicación do presente anuncio na prensa local.

Máis información: No Servizo de Información e departamentode Persoal, teléfonos: 986810164. Ext. 1196.