Concello e Caixagalicia buscan unha visión global para a súa colaboración
O Concello e Caixagalicia queren darlle á súa colaboración unha visión global, por medio dun proxecto que incluirá actividades culturais e deportivas, xunto coa presenza da entidade financeira no Teatro Fraga a través de "investimentos extraordinariamente importantes", segundo afirmou este venres o alcalde, Abel Caballero, despois de reunirse no seu despacho co director xeral de Caixagalicia, José Luis Méndez.
![1192803544caixagalicia191007.jpg 1192803544caixagalicia191007.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1192803544caixagalicia191007.jpg)
Neste protocolo figurarán as actividades que durante 2008 Caixagalicia realizará en Vigo nos terreos cultural e deportivo, ademais do mencionado apoio ao Teatro Fraga. O alcalde adiantou que os investimentos de Caixagalicia en Vigo serán levados a cabo no marco dunha "cooperación continua" por parte do Concello. O seguinte paso será a reunión que Caballero e Méndez manterán "dentro dun par de semanas", segundo indicou o alcalde, "para ver todos os proxectos concretos".
Caballero asegurou que a execución deste proxecto será "a actuación máis importante que terá realizado Caixagalicia" na historia de Vigo, e engadiu que desde o seu Goberno buscará a colaboración de todas as entidades culturais e deportivas que se vexan implicadas nas actividades que se desenvolvan, para darlle unha dimensión "global".
Descargar todas as imaxes