O BNG afirma que os orzamentos das súas áreas para 2008 apostan por mellorar a calidade de vida dos cidadáns
A un total de 21,4 millóns de euros ascende o orzamento de investimentos co que contarán as áreas xestionadas polo BNG para o vindeiro exercicio, segundo afirmou este martes o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, na rolda de prensa ofrecida tras a súa aprobación na Xunta de Goberno local extraordinaria.
"Queremos gobernar a cidade para ter como centro de atención as necesidades dos vigueses e viguesas e que en Vigo se poida vivir mellor", dixo Santiago Domínguez, quen manifestou tamén a súa satisfacción polo feito de que as áreas contempladas nos orzamentos se refiren a "proxectos marcados como fundamentais no pacto de goberno e que cumpren as expectativas coas que nos presentamos ás eleccións".
Unha das apostas do BNG será o Casco Vello. Destinarase un millón e medio de euros á primeira fase do Plan de Mobilidade do Casco Vello, proxecto que inclúe a humanización e semipeatonalización da Porta do Sol e Elduayen. Aínda que, Santiago Domínguez, manifestou que resulta "difícil" falar de prazos no tocante á remodelación do Casco Vello, apuntou que o obxectivo radica en que entre o 2007 e o 2008 "haxa unha absoluta transformación nesta zona, creando sinerxias para que volva haber un asentamento importante de habitantes". En referencia á praza do Berbés asegurou que se está a traballar con "total coodinación" entre a Concellería de Servizos Xerais e a de Cascos Históricos para facer as remodelacións necesarias.
En relación a Benestar Social, que contará cun orzamento de 345.000 euros, o tenente de alcalde salientou a importancia do investimento que se realizará para a reforma e o acondicionamento dos edificios das Unidades Básicas de Acción Social (UBAS), para o cal se destinarán 250.000 euros. E Xuventude, que segundo Santiago Domínguez é unha área que nos últimos anos apenas tivo investimento, contará no 2008 con 300.000 euros.
No tocante a Comercio e Industria, o orzamento de investimento desta área ascende a 940.000 euros, dos que boa parte será para a reforma dos diversos mercados da cidade, e de xeito especial o da Pedra. Neste caso, o obxectivo radica en instalar un sistema que permita pechar e abrir a rúa para evitar os problemas de chuvia e vento e que deste xeito "se poida utilizar tamén en inverno", explicou Santiago Domínguez.
En Deportes, os 810.000 euros do orzamento empregaranse para mellorar os equipamentos deportivos da cidade, como o Pavillón de Bouzas o de Coia, ou o campo de fútbol do Meixoeiro, entre outros.
No caso de Turismo, a instalación de pantallas de información en cinco puntos clave da cidade consumirán parte dos 662.000 euros de orzamento desta área. O obxectivo desta iniciativa, segundo Santiago Domínguez, é o de "acadar que todos os que se acheguen diariamente a Vigo dispoñan de información actualizada sobre a cidade, ben sexa sobre os museos que poden visitar, os hoteis nos que se poden aloxar, ou o estado das praias". Ademáis, tamén está prevista a aportación de 100.000 euros como socio fundador da Fundación Convention Bureau, para que comece a funcionar no ano 2008. O tenente de alcalde explicou que na actualidade están en estudo os estatutos por parte da asesoría xurídica para posteriormente remitir o documento ás entidades que queren participar, a fin de que fagan as suxerencias oportunas e finalmente sexa aprobado en pleno.
Un total de 352.000 serán os destinados aos museos da cidade, nos que se inclúen fondos para a adquisición de bens culturais. Entre as actuacións previstas atópase a adquisición do legado de Llanos, que pasaría a integrar a Fototeca Municipal na Casa das Artes xunto ao Arquivo Pacheco. A Concellería de Cultura contará coa partida orzamentaria máis elevada, cun total de 15.971.000 euros, posto que inclúe a anualidade correspondente ao Pazo de Congresos (14.786.000 euros), así como a reforma do Auditorio Municipal (550.000 euros) e a posta en marcha do plan de bibliotecas de barrio (100.000 euros), entre outros capítulos.
Segundo o tenente de alcalde, "non houbo reparto do pastel para a elaboración dos orzamentos, xa que non se fixo en función das concellerías respectivas, senón que se xestionou en aras a mellorar a cidade e acorde coas demandas dos cidadáns". Santiago Domínguez subliñou que "é a primeira vez que un goberno de coalición vai presentar os orzamentos en prazo, polo que entrarán en vigor o 1 de xaneiro do 2008. Esto demostra a solidez do goberno local". O tenente de alcalde dixo ademais que o acordo "dende o primeiro momento" caracterizou a negociación levada a cabo polos dous socios de goberno. O orzamento será levado a pleno este mesmo mes de outubro.
Descargar todas as imaxes