Escoitar

Vigo contará cun Consello Municipal de Deportes

luns, 25 feb 2002
O Pleno municipal aprobou a constitución do Consello Municipal de Deportes, órgano consultivo e de participación sectorial creado coa finalidade de canalizar a participación das entidades que forman parte do mundo do deporte vigués.

O Consello estará formado por arredor de 40 persoas e no mesmo se contará coa presencia do concelleiro de Deportes, técnicos municipais, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, sindicatos, Universidade, Asociacións Veciñais, deportistas e entidades deportivas de todo tipo, tanto de elite como de base. O Consello o formarán as seguintes persoas:

1.-Presidente: o alcalde ou concelleiro nomeado polo alcalde
2.- Secretario: o do Concello ou funcionario en quen delegue.
3.- Un representante de cada un dos grupos municipais. BNG: Carlos Cotobade Tombo.PSdG-PSOE:Lilian Alvarez García. PP: José Manuel Figueroa Vila.
PROVI: Alfredo Marcuño Martínez.
4.- Un representante da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia: Daniel Ochoa Gallego. Proposto pola entidade a que representa.
5.- Dous representantes das agrupación deportivas escolares: Alejandro Costas González e Enrique Martínez Vázquez.
6.- Dous representantes das vocalías de deportes das asociacións veciñais: Angel Fernández Casanovas e Wenceslao Martínez Robles.
7.- Un representante da Federación de Asociacións de veciños: David Alonso Rodríguez.
8.- Tres representantes das federacións deportivas con sede na cidade: Pedro Alfaro Troncoso, Eleuterio García Rodríguez e Alberto Zato Gómez de Liaño.
9.- Catro representantes do clubs de base: Ignacio Muñoz Marín, Antón Piñeiro Lorenzo, Constante González Guisande e Oswaldo Davila Piñeiro.
10.- Dous representantes dos clubs de elite: Francisco J. Fernández Pérez e Javier Rodríguez López
11.- Dous representantes dos adestradores deportivos. Julio Mougan e Manuel Martínez Méndez..
12.- Un representante de cada unha das centrais sindicais máis representativas. CIG: Antolín Alcántara Alvarez. CC.OO: Alberto Cameselle Alves. UXT: Ernesto Fontanes Blanco.
13.- Dous representantes da Universidade de Vigo: Oscar Rubiños López e Javier Rial Boubeta.
14.- Un representante das FOAPAS: Esteban Román Cabral.
15.- Un representante das APAS de ensino secundario: Javier González González.
16.- Dous representantes dos deportistas de elite: Sebastián Rodríguez Veloso e Tamara Valderrama.
17.- Un representante da organización de praias: don Antonio Nieto Figueroa
18.- Dous técnicos deportivos municipais: don Vicente Romo Pérez e don José Angel Otero Lamas”.