Escoitar

Solicítase a creación en Vigo de tribunais que resolvan accións mercantís derivadas de procesos concursais

luns, 25 feb 2002
imx1131.jpg
Sesión plenaria
O Pleno da Corporación instará a que se inclúa no texto da Lei Concursal a creación en Vigo de tribunais competentes nesta materia para atender as necesidades dos partidos xudiciais de Vigo, Tui, Redondela, Porriño e Ponteareas.

Nestes momentos, estase procedendo a tramitar diante do Congreso dos Deputados a Lei Concursal, unha lexislación que regulará accións mercantís con gran transcendencia para a cidade. Nesa lei, ben sexa no articulado ou nos anexos, débese recoller a creación de tribunais competentes nesta materia en Vigo co obxectivo de dar un mellor servicio de xustiza ós cidadáns e empresas do sur da provincia de Pontevedra e reforzar o papel da cidade de Vigo como gran motor económico de Galicia.


Museo de Castrelos

Aprobouse, por unanimidade, a moción para mellorar a situación do Museo de Castrelos pola que se renova o propósito de prestarlle a atención necesaria procedendo á reparación dos desperfectos que presenta e á apertura ó público das salas actualmente baleiras. Estudiaranse tamén as necesidades de persoal e realizarase un calendario para cubrilas.


Arranxos no calello de Santa Marta

Os servicios técnicos municipais procederán a reparar o pavimento do calello de Santa Marta e colocar puntos de luz que melloren o alumeado público da zona.


Descargar todas as imaxes