Parques e Xardíns redistribúe as augas pluviais no parque da Bouza para evitar encharcamentos
A Concellería de Parques e Xardíns redistribuiu as augas pluviais no parque da Bouza para eliminar os encharcamentos e regueiros que se producían. Henrique Vieitez explicou que con esta actuación se conseguiu un parque máis saneado para os usuarios. O presuposto das obras foi de 16.828 euros (2.800.000 pesetas).
A actuación solucionou a falta de recollida de augas, a necesidade de sumideiros e os desaugues sen pechar que evacuaban nos sendeiros e producían zonas nas que se acumulaba a auga co conseguinte deterioro do parque. Ademais, arranxouse o problema ocasionado polo desaugue do estanque situado na zona baixa, que estaba obturado de raíces de salgueiro sen posibilidades de limpeza debido á pouca sección que tiña e á necesidade dunha rede de arquetas que permitisen realizar os traballos de mantemento adecuados.
Nunha primeira fase acondicionouse o estanque da zona baixa reparando os sumideiros, cambiouse a tubería de pluviais por unha de sección de 200 en 70 metros e creáronse dúas arquetas para posteriores traballos de limpeza e mantemento.
Na segunda fase instaláronse tuberías de desaugue, construíronse arquetas para unha óptima conducción e, no campo de fútbol, recuperouse a canaleta de formigón e colocáronse tres desaugues. Recebáronse os camiños con aporte de 6 m3 de xabre estendido a man e pase de pisón para a súa compactación.
A instalación de 30 papeleiras novas con base formigonada, a retirada de 35 postes de madeira rotos, a recuperación de 50 metros de valado de madeira, a reparación de 5 bancos na zona do monte e a reparación dos bordes de cemento en beiras de camiños foron outras das obras realizadas.
Retirouse tamén o hexágono no parque infantil dentro do plan de actuación previsto para a posterior reubicación de xogos segundo a normativa vixente actual.