O diagnóstico do Plan Xeral salienta a eficacia no desenvolvemento do planeamento secundario
O documento de Información e Diagnóstico elaborado polos redactores do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal salienta o alto nivel de desenvolvemento das figuras de planeamento secundario incluídas no Pxou do 93. O informe sinala que se desenvolveu o 46,24% dos Plans Parciais, Plans Especiais e PAUs previstos no Plan Xeral, unha porcentaxe superior á que se dá en cidades cun volume semellante de poboación.
A meirande parte das figuras de planeamento desenvolvidas corresponden á zona urbana, un 71,1%, mentres que no ámbito parroquial a porcentaxe baixa ata o 33,7%.
O equipo redactor do PXOM subliña o esforzo de promoción do planeamento secundario realizado nos últimos tres anos, “especialmente nas zonas situadas no medio rural… e que polas súas circunstancias específicas non ofrecen excesivo interese para a súa promoción dende a iniciativa privada”. Segundo os datos analizados no Informe, a decembro de 1998 estaban aprobadas definitivamente 282 figuras de planeamento do Pxou do 93. A cifra en xaneiro de 2002 era xa de 487, o que supón un incremento do 173%.
Este dato sobre a actividade da Xerencia de Urbanismo nos últimos tres anos é máis elocuente no que atinxe a superficie ordenada. En 1998 estaba regulado o planeamento secundario de 210 hectáreas. A día de hoxe está aprobado o planeamento de 648 hectáreas, máis do triple, e sen computar os Plans Especiais de Mellora de Núcleos e o Plan Especial do Porto.
Respecto ao grao de efectividade na tramitación do planeamento, o Informe-Diagnóstico destaca que a meirande parte dos expedientes tramitados acadaron a súa aprobación definitiva, o 56,9%. Segundo os redactores do Plan isto implica un nivel de efectividade da Xerencia de Urbanismo moi considerable na tramitación de planeamento.