O Concello dota de equipos informáticos con acceso á rede a 34 asociacións
A Concellería de Participación Cidadá dotou de equipos informáticos e de conexión a internet a nove colectivos máis co obxectivo de dar un paso adiante na creación dunha comunidade virtual de asociacións viguesas. Na actualidade, son 34 as asociacións que xa dispoñen de acceso á rede mediante axudas municipais.
A resolución do último concurso público para a cesión de equipos informáticos estableceu as maiores puntuacións para as asociacións de Sampaio, Nosa Señora das Neves, Rosalía de Castro da Salgueira, Cristo da Victoria, Mulleres ”Accedo”, Pontenovo-Freixeiro, Calvario, Mulleres Progresistas e Coruxo.
O obxectivo desta convocatoria consiste en facilitar o achegamento da información ós cidadáns mediante a colaboración das asociacións co servicio de Atención Cidadá. Os equipos informáticos estarán dotados de modem para comunicacións ADSL para conexión a internet e acceso ó portal www.cidadansvigo.org con información de interese para as asociacións e cidadanía.
Estas nove últimas asociacións súmanse ós 25 colectivos xuvenís, veciñais, culturais, de xordos e de diminuídos que xa conseguiran, a través de concursos públicos, os equipos e a conexión á rede.
Descargar todas as imaxes