Escoitar

Cine, teatro e conferencias son as propostas da Concellería da Muller arredor do 8 de marzo

mércores, 20 feb 2002
imx1111.jpg
Programa
A concelleira de Muller, Ana Gandón, presentou a programación para celebrar o Día Internacional da Muller co lema ”Falando de nós”. Cine, teatro e conferencias con temática feminina son algunhas das actividades previstas. O presuposto é de 1.500.000 pesetas.

Tumbleweeds, Girlfight e 24 Hour woman son os filmes que se proxectarán, en colaboración co Cine Club Lumière, ás 20:30 no auditorio municipal os días previos ó 8 de marzo.

A Asociación de Mulleres Dorna, a Asociación de Mulleres de Moaña e Produccións Circunstanxias representarán tres pezas teatrais do 13 ó 15 de marzo. ”As olímpic@s e a marquesa de piollos cream”, ”Pic-nic” e ”Mulleres de armas tomar” son os títulos das obras. As funcións serán no auditorio municipal ás 20:30 horas.

A Concellería da Muller, en colaboración con Caixa Galicia, organiza unha tribuna permanente mediante a que se ofrecerán conferencias os martes ás 20:00 horas sobre temática variada relacionada coa muller. Estes actos serán, a partir do 9 de abril, no auditorio de Caixa Galicia e teñen o título de ”En clave feminina”.

Ana Gandón anunciou tamén a creación dunha unidade didáctica orientada ó profesorado de secundaria que está en fase de elaboración.
Descargar todas as imaxes